Localización e Xestión de frotas

Deseñamos e implantamos sistemas a medida das necesidades dos nosos clientes para localizar e xestionar as súas frotas. Con iso logrará:

  • Unha comunicación rápida e barata coa súa frota a través de mensaxería, de consola ou de sms, garantindo unha redución importante de custos de comunicacións.
  • Obtención automática de estatísticas (en tempo real e/ou históricos) acerca da operativa diaria da súa frota.
  • Automatización de cálculos: custos de frotas, produción e rendibilidade das mesmas.
  • Control de Rutas: localización e seguimento en tempo real da súa frota.
  • Garantir a trazabilidade dos seus produtos.
  • Aumentar a seguridade na súa empresa: avisos ante calquera emerxencia.
  • Mellorar o Servizo que lle proporcionan aos seus Clientes.
  • Diferenciarse respecto da súa competencia.

Voltar