A resposta as súas necesidades TIC.
-
Programa de xestión de envío de SMS:
- Campañas de marketing directo.
- Campañas de comunicación.
- Confirmación de reservas.
- Fidelización de clientes.
- Comunicación de eventos.
- Comunicacións internas.
- Convocatorias e avisos.
- Recordatorio de reunións.
- Recordatorio de citas.
- Cambios abruptos de horario.
- Cancelacións inesperadas.
- Coordinación de grupos grandes de usuarios.
DESCARGA GRATUITA
-
Trazabilidade do produto
A trazabilidade do produto é un conxunto de medidas, accións e procedementos que permiten rexistrar e identificar cada produto desde a súa orixe até o seu destino final.
-
Solucións a medida
Contamos con ampla experiencia en programación e deseño de ferramentas informáticas desenvolvidas á medida dos nosos clientes.
-
Xestión de frotas
Deseñamos e implantamos sistemas a medida das necesidades dos nosos clientes para localizar e xestionar as súas frotas.
-
Formación
O carácter multidisciplinar dos nosos docentes permitiu que os nosos servizos de formación abarquen os seguintes campos de coñecemento
* TIC: Tecnoloxías da Información e Comunicación.
* Medio.
* Medio mariño (pesca responsable, xestión de recursos, …)
-
Proxectos técnicos de telecomunicacións para a edificación (ICT)
Os servizos que lle ofrecemos aos nosos clientes son:
* Redacción do Proxecto Técnico acorde á normativa vixente
* Dirección de Obra
* Certificación da instalación de ICT
-
Quadralia é unha empresa adicada a achegar solucións integrais aos seus clientes, apoiándose nas ferramentas que nos ofrecen as Tecnoloxías da información. O principal obxectivo co que nacen os nosos produtos é conseguir o equilibrio perfecto entre a utilización da Tecnoloxía e a facilidade de uso da solución final.
Quadralia facilita a integración das novas tecnoloxías na súa empresa, mediante unha atención rápida e persoal, utilizando as técnicas de formación necesarias para unha correcta implantación da solución buscada.
Somos unha empresa xoven, con persoal que posúe unha ampla experiencia, froito dunha dilatada carreira profesional, nos campos nos que nos desenvolvemos:
- TIC
- Medio
- Recursos Mariños e
- Formación
O noso persoal está altamente cualificado e grazas ao seu carácter multidisciplinar, podemos achegarlle unha resposta eficaz e eficiente ao seu problema.
Gozamos dunha dilatada experiencia achegando solucións a empresas dun amplo abanico de sectores: automóbil, pesca, transporte, metal, construción. Partindo dunha mirada creativa e un forte coñecemento nos diferentes sectores nos que traballamos, logramos brindar a solución óptima aos nosos clientes.
En Quadralia escoitamos as súas necesidades e achegámoslle a solución máis adecuada, robusta e económica. Expoña o seu problema, buscaremos a mellor solución..