En Quadralia
deseñamos e elaboramos proxectos técnicos de Infraestruturas Comúns de Telecomunicación (ICT) na Edificación.
Deseñamos Infraestruturas de Comunicacións para os seguintes tipos de edificación:
- Edificios Individuais de Nova Construción
- Rehabilitacións Integrais de Edificios
- Urbanizacións e Complexos Residenciais
- Polígonos Industriais
- Edificios singulares: Hoteis, Centros de Convencións
- Realizamos un deseño personalizado adaptado a cada situación, desde un proxecto para unha pequena vivenda até deseños complexos de infraestruturas e redes de comunicación para urbanizacións residenciais ou áreas industriais.
- Presentamos posibles alternativas de complexidade da instalación, desde unha instalación de mínimos a partir da lexislación vixente, até unha completa instalación que proporcione un valor adicional á promoción.
- Todos os nosos proxectos son deseños exclusivos para o noso cliente e cun compromiso de calidade pola nosa banda, no caso de que o proxecto non sexa do seu agrado, en Quadralia comprometémonos a realizar as modificacións necesarias no mesmo.
- En Quadralia damos ao proxecto técnico ICT a importancia que se merece no proceso da construción, os nosos proxectos son completos, inclúen planos detallados (A3/A2) co deseño integro das canalizacións necesarias nas edificacións, evitando ter que realizar este labor no momento da obra. Por iso os nosos proxectos proporcionan un importante aforro na fase de instalación das infraestruturas.
- Traballamos coordinadamente cos diferentes equipos deseñadores do resto de infraestruturas de servizos e arquitectura da edificación para proporcionar unha solución global e eficiente.
