Damos resposta ás súas necesidades.

SOLUCIÓNS A MEDIDA

Dada a gran flexibilidade do equipo de Quadralia levamos a cabo proxectos de desenvolvemento web, software de escritorio a medida, redacción, xestión e dirección de proxectos TIC, que permiten crear ferramentas adaptadas ás necesidades específicas de cada un dos nosos clientes.

Máis información sobre solucións a medida

 

TRAZABILIDADE DO PRODUTO

A trazabilidade do produto é un conxunto de medidas, accións e procedementos que permiten rexistrar e identificar cada produto desde a súa orixe até o seu destino final. É dicir, é "a posibilidade de atopar e seguir o rastro, a través de todas as etapas de produción, transformación e distribución dun determinado produto".

Máis información sobre trazabilidade

 

LOCALIZACIÓN E XESTIÓN DE FROTAS

Se a súa actividade esta relacionada co transporte por terra ou mar, mediante a tecnoloxía GPS podemos localizar case calquera obxecto sobre a terra. Esta posibilidade permite unha infinidade de aplicacións para unha mellor xestión da súa empresa.

Máis información sobre localización e xestión de frotas

 

FORMACIÓN

Quadralia ofrece unha completa gama de solucións formativas, integrando as mesmas no plan estratéxico da súa compañía:

  • Formación presencial.
  • Formación en liña (e-learning).
  • Formación in situ (workplace learning): con formador no seu lugar de traballo.

 

PROXECTOS TÉCNICOS DE TELECOMUNICACIÓNS PARA A EDIFICACIÓN (ICT)

Quadralia ten un Departamento de Enxeñaría especializado na redacción e execución de Proxectos ICT para a edificación. Os servizos que lle ofrecemos aos nosos clientes son:

  • Redacción do Proxecto Técnico acorde á normativa vixente
  • Dirección de Obra
  • Certificación da instalación de ICT

En Quadralia proporcionamos un produto de calidade xerado integramente para a industria da construción que proporciona un importante aforro durante a fase de obra e aumenta o valor final da promoción.