Contamos con ampla experiencia en programación e deseño de ferramentas informáticas, o que nos permite buscar a mellor solución en cada caso. Ademais, o equipo multidisciplinar de Quadralia conta cos coñecementos técnicos e organizativos de diferentes sectores (automoción, medio mariño, construción, etc.), o que nos permite entender e avanzar no problema de maneira máis efectiva.
As nosas solucións inclúen:
- O desenvolvemento de portais web e intranets, ou a mellora dos mesmos cos últimos estándares de accesibilidade. O seu portal web contará con maior número de visitas grazas a un deseño innovador, navegación rápida e intuitiva e programación eficaz.
- Creamos o software de escritorio que máis se axusta ás súas necesidades.
- Xestionamos e diriximos proxectos TIC, destinados a mellorar a estrutura informática da súa empresa.
- Deseñamos a solución (hardware/software) que lle permita optimizar os seus recursos, automatizar as súas tarefas habituais e achegámoslle o soporte formativo que necesite para que os seus traballadores poidan sacar o mellor proveito do mesmo.
O noso traballo pretende dotar aos nosos clientes de:
- SIMPLICIDADE. Os nosos produtos simplifican os procesos produtivos dos nosos clientes, o que implica un aumento en eficiencia.
- AXILIDADE. Ao encaixar as nosas solucións nos procesos dos nosos clientes, estes obteñen unha maior axilidade no intercambio de información entre os diferentes departamentos e na súa actividade en xeral.
- RENDIBILIDADE. Ao achegar maior eficiencia nos procesos internos dos clientes, estamos a aumentar a rendibilidade da actividade: facer máis, en menos tempo.
